Tradución ao galego de phpBB 3

Benvido á páxina do proxecto de tradución de phpBB 3 ao idioma galego. phpBB é un dos sistemas de foros para internet máis coñecidos. Podes atopar máis información no seu web.

Este sitio contén os repositorios (subversion) que se empregan para coordinar o traballo de tradución. Tamén se gardan copias dos paquetes de idioma producidos, aínda que recomendamos descargalos desde o apartado da tradución na páxina web oficial.

Os actuais encargados de manter esta tradución son os membros da Ciberirmandade da Fala. Se atopas algún erro na tradución, queres mellorala, axudar no seu mantemento ou tes calquera dúbida ao respecto, pódeste poñer en contacto con eles a través do correo electrónico ou dos seus foros.

Notes for non galician speakers
This site is used to develop the galician translation of the internet board software phpBB 3. If you would like to make your forum available in galician language, please download the language pack from here.